TALLER PABLO RUIZ PICASSO 2010
12 de xullo - 17 de xullo de 2010
TALLER PICASSO 2010
FOTOGRAFÍA E PAISAXE EN CONSTRUCIÓN
Directora Rosa Muñoz
Aberto o prazo de envío de solicitudes ata o xoves 17 de xuño de 2010
ROSA MUÑOZ (Madrid, 1963) aborda unha dobre vertente creativa: a instalación escenográfica e o rexistro fotográfico desa instalación. Elabora montaxes de ambientación teatral nos que a iluminación adquire un protagonismo dominante. A súa obra está marcada pola potencia das cores e por unha composición equilibrada. Crea un mundo imaxinativo composto a partir de visións idealistas.
Colabora asiduamente con revistas e publicacións de prestixio tanto en España como en outros países, e expón dende 1994 en diversas galerías. Os seus traballos sitúana en altos niveis de calidade e recoñecemento. www.rosamunoz.com